Venres. 04.10.2024
El tiempo

Corcubión e as súas Xaviñanas relén a Alan Lomax

PANDERETEIRAS-Corcubion Xavinanas
Corcubión e as súas Xaviñanas relén a Alan Lomax

Coincidendo co día Internacional da Muller Rural e enmarcado dentro do programa "A Maxia da Cultura", a Concellería de Cultura, Benestar, Igualdade e Muller, en colaboración coa Asociación Cultural Universidade Popular de Corcubión e o Departamento de Español de Carleton University. levará a cabo unha lectura e conversa colectiva e en comunidade do texto “Corcubión” escrito por Alan Lomax nunha visita a nosa vila no ano 1952. Será o 15 de outubro ás 19h na Capela do Pilar. 

A xornada espera contar con toda a veciñanza, para lembrar a todas as mulleres da vila, especialmente a Julia, Elena e Josefa, fillas das Xaviñanas, as mulleres polas que Lomax aproximouse ata Corcubión.

A sesión contará ademais coa actuación do grupo de pandereteiras conformado por cuatro rapazas novas que honran a súa memoria e as súas voces. As Xaviñanas de entón, recibían ese nome por ser orixinais de Xaviña en Camariñas aínda que afincadas en Corcubión desde moi pequenas.
A esta acción estan tamén convidados un grupo de estudantes estadounidenses de historia contemporánea española como complemento á experiencia de aprendizaxe que levan a cabo nunha viaxe de estudos en Costa da Morte. Este programa forma parte da liña de colaboración que o Concello esta establecendo coa Universidade de Carleton.

A historia de LOMAX

Malia que xa temos contado un pouco a colleita de Lomax, e mesmo Manuel Vilar ten un fermoso artigo sobre a sía viaxe pola nosa comarca, cómpre lembran que durante o inverno de 1952, aínda baixo o réxime de Franco, o etnomusicólogo Alan Lómax fixo unha viaxe de achegamento á cultura popular galega. Este pescador de sons dedicou sete décadas da súa vida á recopilación, estudo, comprensión e promoción da “música folklórica”, primeiro centrado nos Estados Unidos e logo polo mundo. Entre o 19 e o 23 de novembro de 1952 Lomax acude a Corcubión en busca dunhas mulleres cuxas voces e sons, segundo chegara ao seus oídos, debian de ser excepcionais. A súa experiencia en Corcubión a deixa recollida nun texto no que describe a súa chegada á vila, o seu percorrido por ela e o momento no que atopa ao grupo de mulleres ás que grabará e incorporará no seu arquivo.

"Grazas a eles, se cadra, podemos explorármonos a nós mesmas desde a ollada do outro, aprender facer un exercicio virtuoso entre razonamento e emoción, corazón e coñecemento, fala e escoita", explica a concelleira María Bella. "Revisar desde un pensar propio o que Lomax contaba de nós nos anos 50, especialmente as claves que apunta ao respecto da muller rural, é revisar o que din que fumos daquela e o que consideramos que somos hoxe. Falar en común de todas estas cuestións será o obxectivo desta letura e reflexión en comunidade".

Fragmentos compartidos

Enmarcado dentro das accións do día Internacional da Muller Rural e desbordando os límites marcados polo propio día, desde o grupo de lectura da Biblioteca Municipal estanse desenvolvendo lecturas relacionadas co que significa ser muller e rural. Desde o luns 9 de outubro compartiránse fragmentos destas lecturas e reflexións elixidas polos distintos compoñentes do grupo de lectura. Faránse públicas nas redes sociais do Concello nun xesto conxunto de adentrármonos nesa dobre condición.

Comentarios