Corcubión celebra o San Xoán con títeres

A tarde dará comezo ás 20,30h cun espectáculo moi especial para o goce de todos os públicos da man de Títeres Alakrán. Nel un presentador leva ás súas costas un cabaret ambulante que resucitará a grandes estrelas do mundo da música: Camarón de la Isla, Ella Fitzgerald, o gaiteiro Avelino Cachafeiro, Bola de Nieve, Jimmy Hendrix, D.J. Federico, un brakedancer sen papeis, e mesmo a morte…
Despois, sardiñada popular para ofrecer á veciñanza ás 22h. E entre sardiña e viño ou limonada maridarán dúas propostas de teatro mínimo cos Monicreques de Kukas. Son espectáculos breves para todos os públicos que se experimentan individualmente ou de dúas en dúas persoas.
Haberá tamén música polo que se invita a traer suxerencias ou algunha playlist para reproducir algún tema a petición da veciñanza. Por último, cheganda a media noite haberá queimada con embruxo -conxuro da man de Borja Insua e prenderán tamén unha boa lumerada para saltar sobre ela e purificar as almas.