Venres. 19.04.2024
El tiempo

Corcubión centra as accións do #25N no CEIP Praia de Quenxe e no IES Fernando Blanco

25N en Corcubion 2020
Corcubión centra as accións do #25N no CEIP Praia de Quenxe e no IES Fernando Blanco

Achegámonos ao #25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, e imos recibindo as propostas dos Concellos da comarca. Xa temos pasado por Muxía e por Coristanco. Tamén Corcubión celebrará a data.

A Concellería de Muller e Igualdade do Concello de Corcubión pon en marcha un amplo programa, que co nome de “Entorno a igualdade e sen violencia”, levará a cabo durante o mes de novembro no CEIP Praia de Quenxe e no IES Fernando Blanco para garantir unha participación activa do alumnado de primaria e ESO nas actividades, que teñen como obxectivo a construción de modelos de relación igualitarias e de prevención da violencia.

Realizaranse os obradorios de: navegamos sen risco, novas masculinidades, dando a chapa contra a violencia, scape room, contadoras lilas e ilustrando o rincón violeta da biblioteca. Para elo contarán con profesionais da Costa da Morte como Sergio Trillo, Palmira Castro e Laura Tova. Tamén contarán coa actuación do Grupo de Teatro local “Farándula Velutina”, que representarán a obra premiada “Animais de Compañía”.

Novas sobre o #25N

Comentarios