Venres. 26.04.2024
El tiempo

Corcubión descobre os froitos e prantas comestibles da redonda

Corcubión descobre os froitos e prantas comestibles da redonda
Saida de Boca de Sapo por Corcubion A Asociación ecosocial e cultura Boca de Sapo volve a armar unha interesante actividade en Corcubión. Este domingo 17 de maio será un día adicado ás prantas e froitos silvestres comestibles da zona. Ao longo do día haberá unha presentación matutina (na Capela do Pilar ás 10:30h), para preparase para o roteiro que se realizará a continuación. Pola tarde, a partir das 16:30, no campo de San Roque haberá un obradoiro de cociña para sacarlle partido ao colleitado na excursión da mañá. Podes reservar a túa praza para o roteiro (de prezo libre) e para o obradoiro de cociña (25€) en [email protected]. Para irse preparando propoñen descargar e ler responsablemente o libro “Bienaventurada la maleza porque ella te salvará la cabeza”.

Actividades no cole de Quenxe

Ademais, a asociación colabora co Colexio de Quenxe organizando para este xoves, unha saída ao monte para o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Un roteiro que rematará en San Pedro de Redonda, para realizar un recoñecemento de especies de prantas autóctonas. Os aumnos irán guiados polos María, Serxio, Juan, Paco e Alex, membros da asociación, ademais da Para a a realización desta actividade teremos o privilexio de contar coa colaboración de, por un lado, profesora de Bioloxía no IES Fernando Blanco, Belén Lorenzo Arenal, tamén integrante da entidade. Belén conta cun interesantísimo blog de Fauna e flora galega. Antes da saída, Francisco Santiago López (coñecido na vila como Paco Perú) realizará unha exposición audiovisual sobre a natureza endémica da Costa da Morte, fauna e flora, e dará unha pequena charla na Biblioteca do centro.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/corcubion-salvou-as-aldeas-gracias-a-outra-xestion-do-bosque/

Comentarios