Corcubión e Corme xa pensan no Carme

08:15 12/07/12
Segue a ser a mocidade de Corcubión a que levanta o Carme. E o fai pensando en todos, en todas as idades, por iso alterna dende as clásicas verbenas e sesións vermú, ata varios torneos de deporte na praia, baile ou un novedoso Concurso de Tortillas e Postres.
Programa das Festas do Carme de Corcubión 2012

Sábado 14 de xullo
- 16.00h Torneos 3x3 fútbol e volei na praia.
- 22.30h Música variada e para todos durante toda a noite.
Domingo 15 de xullo
- 9.30h Pasarrúas polo pobo e polas parroquias có grupo folk PETAFORTE.
- 14.00h Sesión vermut coa orquestra NOVA PALMA.
- 19.00h I Concurso de Tortillas e Postres ‘Vila de Corcubión’ na Praza de Castelao.
- 20.00h ‘Baile Nerio’ na Praza de Castelao.
- 22.30h Gran verbena coa orquestra NOVA PALMA e o grupo LOS VIZARROS (versión dos anos 70/80/90).
Luns 15 de xullo
- 11.00h Misa solemne en honra á Virxe do Carme, seguida da procesión por terra e mar pola ría de Corcubión.
- 14.30h Sesión vermut coa orquestra LOS MAGOS DE ESPAÑA.
- 18.00h Festa Infantil con para nenos/as de entre 3 e 14 anos.
- 22.30h Gran verbena a cargo das orquestras TRIUNFO e LOS MAGOS DE ESPAÑA.
Festas do Carme de Corme
Tamén chegan as Festa do Carme de Corme. O domingo 15 de xullo teremos verbena con Isla e Acordes, e o día propio da festividade chega completo:
- Luns 16 de xullo:
- Ás 10.00h Pasarrúas a cargo do Grupo de Gaitas do Couto.
- Ás 12.00h Misa cantada pola Coral Brisas do Mar de Corme. Seguida de procesión marítima.
- Ás 13.30h Sesión vermú a cargo da orquestra Costa Dorada, que pola noite ofrecerá verbena con Canadá.
Novas relacionadas
- “Este pode ser un dos mellores Mercados Medievais da historia de Corcubión”.
- Camariñas convirte as Festa do Carmen nun Mercado Medieval Mariñeiro.
- A Revolta Irmandiña máis numerosa tomou Vimianzo.
- 20 anos de percebes e festa en Corme.
- A comisión Cromática salva o Carmen de Corcubión.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).