sábado. 07.12.2024
El tiempo

Corcubión non falta á súa cita con Palestina

Concentración Palestina Corcubion 18-11-24
Corcubión non falta á súa cita con Palestina

Pasan as semanas, os meses, pero o xenocidio continúa. O mundo mediático case xa non o lembra, pero o exterminio de Gaza a mans do exército sionista de Israel é cada vez máis crú. E para que non caia no esquecemento, Galicia segue realizando concentracións, como a deste luns 18 de novembro na Praza Castelao de Corcubión.

Convocados pola Coordenadora Galega de Solidariedade con Palestina, e co apoio do BNG Costa da Morte, máis dunha vintena de manifestantes volveron a amosar o apoio ao pobo palestino e a denunciar os asasinatos que leva cometendo o Estado de Israel en Gaza e noutras partes de Palestina.

Douse lectura a un manifesto no que se condenou o xenocidio israelí, subliñando que sen o papel de Estados Unidos, Reino Unido, Unión Europea e dos seus aliados en Oriente Próximo, e sen a parálise das forzas reaccionarias árabes, o sionismo non poderia levar adiante esta masacre nin os últimos 76 anos de ocupación.

Fíxose fincapé en que as mobilizacións que se levan convocadas nos últimos meses en toda Galicia teñen a función de loitar contra a impunidade coa que actúa Israel, coa complicidade e indiferencia de Occidente.

Comentarios