Mércores. 11.09.2024
El tiempo

A Costa da Morte solidarízase con Palestina

Onte á tarde celebrouse na praza Castelao de Corcubión unha concentración en solidaridade con Palestina á que acudiu veciñanza de diferentes puntos da Costa da Morte.

Durante a convocatoria, apoiada polo BNG Costa da Morte, liuse un manifesto realizado polas entidades convocantes (Mar de Lumes, Galiza por Palestina e Asocación Galaico-Árabe Jenin), no que se denunciaron as máis de 40 mil vítimas mortais rexistradas ata o momento, así como a extensión da violencia a Cisxordania. Tamén condenouse á UE pola súa "pasividade vergoñenta" ante o xenocidio e limpeza étnica do pobo palestino. 

Ademais, fíxose un chamamento ao pobo galego para mobilizarse por Palestina nunha grande manifestación nacional que terá lugar o vindeiro 6 de outubro en Compostela.

A Costa da Morte solidarízase con Palestina
Comentarios