luns. 12.05.2025
El tiempo

Corcubión prepara o seu ácedo entroido

Corcubión prepara o seu ácedo entroido

O Concello de Corcubión fai públicas as bases que rexerán o concurso de disfraces e comparsas que terá lugar o sábado día 5 de marzo á partir das 16:00 h, durante a celebración do tradicional Entroido. 

Pode ser que haia baixas i é que a arriscada proposta de La Banda do ano pasado trouxo bastantes consecuencias no día a día da vila de San Marcos... Dende o concello avisan: O concello non se responsabiliza do contido das letras das cancións das comparsas.

Polo de pronto, as bases que do "Concurso de disfraces e comparsas 2011" xa están publicadas para os 3 concursos (comparsa cun mínimo de 7 compoñentes, grupo e individual). Haberá máis de 1.600# en premios.

Inscrición

A inscrición realizarase na Casa do Concello de Corcubión ou chamando ó teléfono  981745400. A data límite de inscrición é o 3 de marzo ás 15:00 h.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Corcubión.

Comentarios