Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Corcubión rescata a Maxia da Cultura

Arturo Franco debulla a maxia da cultura en Corcubion
Arturo Franco debulla a maxia da cultura en Corcubion
Corcubión rescata a Maxia da Cultura

A área de cultura do Concello de Corcubión lanza o que será o primeiro de moitos programas culturais, este chamado “A maxia da cultura”. Trátase de “explorar a cultura desde un sentido máis especulativo e sensible, como unha aliada para imaxinármonos futuros, para levármonos a camiños inexplorados, transformar o presente ou incluso cambiar o noso entendemento do pasado”, explícanos a concelleira María Bella.

Durante este mes de agosto e como inicio desta nova ollada cultural, a vila de San Marcos recibe dúas presentacións moi especiais coas que ademais queren comezar percorrer algunhas das ideas do programa xeral do novo goberno na vila.

”Estamos acostumados a identificar a cultura, con maior ou menor conciencia, como parte da nosa identidade, da nosa tradición, da nosa historia e do noso patrimonio. Sen dúbida a cultura é unha compañeira que debemos preservar e coidar aínda que moitas veces a deamos por suposta”, debulla Bella.

”Polo xeral, cóstanos máis ollar a cultura baixo outro tipo de lóxica, se cadra como unha aliada que faga imaxinármonos futuros, ou que nos abra a camiños inexplorados, que poida transformar o presente ou incluso cambiar o noso entendemento do pasado. É neste outro sentido que poderíamos dicir que é máis especulativo e sensible que a área de cultura do Concello de Corcubión quere abrir unha nova forma de relación coa cultura que comezaremos chamando “A maxia da cultura”, xustamente apelando a alquimia que pode activarse desde ela”, explica.

Dúas charlas con Arturo Franco e Pablo Jarauta

Para iso, preparan xa dúas citas:

  • “A rapa das zarzas: o noso xardin”. Xoves 10 de agosto na Capela do Pilar ás 20h.
    A través dunha presentación do arquitecto Arturo Franco (arquitecto coruñés) indagarán no reto de intervir e transformar os espazos urbanos poñendo no centro a beleza e a natureza. O obxectivo será inspirarse colectivamente a través dunha selección de ideas e proxectos que compartirá cos asistentes.
  • ”O horizonte dos mapas”. Xoves 24 de agosto na Capela do Pilar ás 20h.
    A través dunha presentación do pensador Pablo Jarauta (nado en Murcia é Doutor en Filosofía), experto en mapas e utopía, indagarase sobre as formas de compartir a nosa relación e os nosos vínculos coa vila de Corcubión.

     

Comentarios