Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Corcubión tamén dá Vitaminas ao Galego polas Letras Galegas

Corcubión tamén dá Vitaminas ao Galego polas Letras Galegas

O Concello de Corcubión será un dos Concellos da bisbarra que participa na campaña Vitaminas para o galego, que lanza 29 medios do país e no que participa este diario como un dos 7 organizadores.
Así ademais de regalarlle "lapis máxicos para escribir en galego aos alumnos do Concello", un representante municipal lerá o manifesto da campaña, para que o día 17, a web de vitaminasparaogalego.gl se convirta nun "videowall", nun muro con vídeos do manifesto dende 17 países, 17 concellos e 17 colexios.

Ademais o Concello prantexa varias actividades culturais:

  • O SEÑOR DAS DUNAS (domingo 19 de maio ás 19:30 h. na casa da cultura): Espectáculo dirixido ao público familiar no que se combina o teatro, a animación con area e a oralidade, do programa falaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
  • GALEGO DE CINE (venres 25 de maio entre as 15:00 h. e as 18:00 h. na explanada do colexio praia de Quenxe): Proxecto itinerante da Secretaría Xeral de Política Lingüística para visionar contidos audiovisuais producidos en Galicia en galego para nenos de 6 a 12 anos dentro dunha caravana, co obxectivo de promover o achegamento do cinema en galego aos máis pequenos e inducir á reflexión e participación activa dos rapaces promovendo a mellora da súa competencia lingüística. componse de varias partes: Visionado de peliculiñas; Actividades de comprensión dos filmes; Construción dun conto de principio a fin; e Vídeo-matón.

Novas relacionadas

Programas das Letras Galegas

Fonte

  • Concello de Corcubión.

Comentarios