Corcubión tamén dá Vitaminas ao Galego polas Letras Galegas
08:43 14/05/12
O Concello de Corcubión será un dos Concellos da bisbarra que participa na campaña Vitaminas para o galego, que lanza 29 medios do país e no que participa este diario como un dos 7 organizadores.
Así ademais de regalarlle "lapis máxicos para escribir en galego aos alumnos do Concello", un representante municipal lerá o manifesto da campaña, para que o día 17, a web de vitaminasparaogalego.gl se convirta nun "videowall", nun muro con vídeos do manifesto dende 17 países, 17 concellos e 17 colexios.
Ademais o Concello prantexa varias actividades culturais:
- O SEÑOR DAS DUNAS (domingo 19 de maio ás 19:30 h. na casa da cultura): Espectáculo dirixido ao público familiar no que se combina o teatro, a animación con area e a oralidade, do programa falaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
- GALEGO DE CINE (venres 25 de maio entre as 15:00 h. e as 18:00 h. na explanada do colexio praia de Quenxe): Proxecto itinerante da Secretaría Xeral de Política Lingüística para visionar contidos audiovisuais producidos en Galicia en galego para nenos de 6 a 12 anos dentro dunha caravana, co obxectivo de promover o achegamento do cinema en galego aos máis pequenos e inducir á reflexión e participación activa dos rapaces promovendo a mellora da súa competencia lingüística. componse de varias partes: Visionado de peliculiñas; Actividades de comprensión dos filmes; Construción dun conto de principio a fin; e Vídeo-matón.
Novas relacionadas
Programas das Letras Galegas
- Festiletras: Arrinca un Festiletras con 30 anos de bulir cultural.
- Festiletras: Programa 2012.
- Vimianzo: Regueifa, música, teatro e vídeos: as vitaminas para o galego do Concello de Vimianzo.
- Carballo: Carballo fai entrega das súas Vitaminas para o galego.
- Camariñas: Camariñas libera libros e risas polas Letras Galegas.
- Zas: Un certame de marcapáxinas e moita lectura para as Letras Galegas de Zas.
- Carnota: Carnota dá Vitaminas ao galego cun gran Mes das Letras.
- Cee: Cee artella un programa das Letras Galegas con teatro, pintura, música e moito máis.
- Fisterra: Hiphop, poesía e humor para o mes das Letras Galegas de Fisterra.
- Muxía: Abente será homenaxeado nun completo programa das Letras muxián.
- Dumbría: Dumbría celebra as Letras con música.
Fonte
- Concello de Corcubión.