![Incendo en Corcubion-Foto-Protec CivilIncendo en Corcubion-Foto-Protec Civil]()
Así quedou o monte de San Andrés de Corcubión tralo incendio-Foto-Protección Civil
![Incendio en Corcubion]()
Sen tempo a descansar, os operativos antiincendios volveron á comarca de Fisterra para sufocar un novo lume. Desta volta, despois da
actividade incendiaria en Fisterra e dos
repetidos casos de Muros, tocou desta volta en Corcubión.
Ás 13:30h deste xoves 16 de agosto dábase a alerta ao 085 do incendio no monte de San Andrés, ao carón do repetidor.
Traballaron un axente, 4 brigadas, 3 motobombas e un helicóptero, e estivo activo ata ás 14:30h, que quedou controlado despois de arrasar menos de media hectárea, gracias á rápida intervención.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/fisterra-pasto-dos-incendiarios/
https://quepasanacosta.gal/dous-incendios-durante-o-15-de-agosto-en-muros/