martes. 16.12.2025
El tiempo

Corcubión e Carballo volveron amosar, un luns máis, o seu apoio ao pobo palestino

Concentracion Corcubion plasstina
Corcubión e Carballo volveron amosar, un luns máis, o seu apoio ao pobo palestino

Este luns 15 de decembro, a Praza Castelao de Corcubión volveu a acoller unha concentración de solidariedade co pobo palestino, convocada pola Coordenadora Galega de Solidariedade coa Palestina, e co apoio do BNG Costa da Morte.

Tamén en Carballo, o BNG de Bergantiños celebrou unha concentración, lembrando a conferencia de Mohamed Safa deste xoves.

No acto douse lectura dun manifesto no que se sigue denunciando o xenocidio e a ocupación por parte do Estado de Israel. Cando se cumpren 2 meses do chamado plano de paz de Trump, as vítimas da agresión sionista non deixaron de aumentar, e Gaza continúa a ser un cárcere cercado por muros, onde non entra axuda humanitaria.

No manifesto destacouse que "nestes 2 meses, os ataques contra a faixa de Gaza non só non se detiveron, senón que se alargaron tamén a outras áreas da Palestina ocupada. Localidades da Cisxordania sofren cada día ataques do exército israelita e de colonos armados polo réxime sionista".

Tamén se sinalou que "non serve de nada que o Estado español se retire de Eurovisión se deixa sen tocar os seus acordos con Israel. Tampouco nos serve de nada o recoñecemento tardío do Estado Palestino se é apenas formal e non implica un cambio substancial na política exterior na rexión. Nos serven as ladaíñas da Unión Europea se Israel continúa como socio preferente en comercio e política exterior e de seguranza".

Ademais, o comunicado cargou contra a Xunta de Galicia. "Non nos serve o absoluto silencio do goberno galego, empeñado en recibir os enviados de Israel mentres bloquea calquera iniciativa política e institucional a favor da Palestina, e continúa a ignorar as máis de mil trescentas convocatorias da solidariedade por todo o país durante máis de dous anos".

Comentarios