Venres. 03.05.2024
El tiempo

Corcubión xa pensa no triple San Pedro

Corcubión xa pensa no triple San Pedro

Unha das romarías máis auténticas de Corcubión xa está en marcha. A Festa do San Pedro da Redonda está programa para os mércores 29 e xoves 30 de xuño. O campo da festa diante do albergue corcubionés convertirá aos peregrinos parte da romería.

Como saben, o sábado anterior á festa ten lugar tamén unha celebración no mesmo campo da feira protagonizada pola sección máis nova da vila, que por mor da emigración non poden disfrutar dos días propios da festa. Un problema moi habitual na bisbarra, onde moitas das festas patronais xa se celebran na fin de semana para asegurar un bo seguemento.
En Corcubión, as festas do San Pedro mantéñense nos días propios. E así, o SPS (San Pedro Sábado) será o sábado 25 de xuño, cunha festa das que merece a pena.

Xa o mércores 29 de xuño será a orquestra Estrellamar a que amenice a Sesión Vermú. Pola tarde haberá pasarrúas e pola noite gran verbena coa propia Estrellamar e os locais da Nova Palma.

Para o xoves toca sesión vermú e verbena coa Metropolis.

Iso si, agardamos que tanto o sábado coma o xoves non quede o campo da festa con tanto lixo.

A Xota de Corcubión

E da man de Jano Lamas deixámosvos esta xota de Corcubión.

Xota de Corcubion

Por xuño, o vintenove,
a San Pedro fun xantar,
preparei unha empanada
e sardiñas para asar,
café ben "repenicado",
¡Non parei de troulear!

Estribillo:
Si queres curar feridas
que levas no corazón,
vente a bailar esta xota,
a xota de Corcubión.
Menea ben a cadeira,
e ponlle moita paixón,
para ben bailar a xota,
A xota de Corcubión.

Din que un ollomol había
mesmo no medio da ría,
se te chiscaba un ollo
d'amores te curaría.
A min facíame falta
Que mo chiscara algún día.

Estribillo

Revira que te revira
e vólvete a revirar,
os encaixes do refaixo
quérote volver a ollar.
Se me mostras as enaguas
de ti voume namorar.

Estribillo

Busquei polo Río Seco
busquei e non trouxen nada,
as herbas de namorar
pra darllas a miña amada,
busquei polo Río Seco
encontreinas na Granada.

Estribillo

  • Letra de Alejandro Lamas.

Novas relacionadas

Comentarios