Venres. 19.04.2024
El tiempo

Cultura, deportes e un fantástico belén para o Nadal de Corcubión

Cultura, deportes e un fantástico belén para o Nadal de Corcubión

O Nadal corcubionés chega completo. Cultura e deporte mestúranse coa posibilidade de visitar un dos Beléns máis fermosos de toda a bisbarra.

Nadal Cultural

Este venres 23 de decembro no marco do programa cultural e deportivo do Concello de Corcubión para este nadal, haberá na casa da Cultura dúas actividades:

  • A partires das 18:00 horas: "DOUS PALLASOS EN APUROS".
  • A partires das 20:15 horas: Recital poético-musical durante a presentación do poemario do noso veciño Manuel Oliveira "Manolín", editado polo Concello de Corcubión. Deste evento xa falaremos con máis calma.

Ademais haberá citas o venres 30 de cos Títeres Cachirulo e mais o xoves 5 coa cabalgata de reis.

Actividades Deportivas

Durante estas vacacións de Nadal desenvolveranse no Concello de Corcubión as seguintes actividades organizadas pola Concelleria de Deportes:

  • O Martes día 27 e Mércores 28 de Decembro comezara o VI Torneo de Frontenis de Categoría Absoluta .
  • O Xoves día 29 Decembro celebrarase unha xornada multideportiva para os máis pequenos (6 a 14 anos) no pabillón con xogos coma os bolos, futbolín, ping pong, béisbol, floorball, voleibol, malabares, etc.
  • O Martes día 3 de xaneiro dará comezo o IX Torneo de Tenis de Mesa con categorías absoluta e sub 16.

As actividades terán lugar no pabellón municipal polideportivo a partires da 17:00 h.

  • Para finalizar o Nadal Deportivo do Concello de Corcubión o Mercores dia 4 e Xoves dia 5 de Xaneiro levarase a cabo o I TORNEO DE FUTBOL SALA en categoría absoluta.
    -O prazo de inscripción para este torneo remata o Sabado 31 de Decembro.

Merca no teu Concello

Ademais a Asociación de Empresarios de Corcubión Emprecor artella a campaña de rifas "Merca no teu concello".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios