Cultura, deportes e un fantástico belén para o Nadal de Corcubión

09:27 21/12/11

O Nadal corcubionés chega completo. Cultura e deporte mestúranse coa posibilidade de visitar un dos Beléns máis fermosos de toda a bisbarra.
Nadal Cultural

Este venres 23 de decembro no marco do programa cultural e deportivo do Concello de Corcubión para este nadal, haberá na casa da Cultura dúas actividades:
- A partires das 18:00 horas: "DOUS PALLASOS EN APUROS".
- A partires das 20:15 horas: Recital poético-musical durante a presentación do poemario do noso veciño Manuel Oliveira "Manolín", editado polo Concello de Corcubión. Deste evento xa falaremos con máis calma.
Ademais haberá citas o venres 30 de cos Títeres Cachirulo e mais o xoves 5 coa cabalgata de reis.
Actividades Deportivas

Durante estas vacacións de Nadal desenvolveranse no Concello de Corcubión as seguintes actividades organizadas pola Concelleria de Deportes:
- O Martes día 27 e Mércores 28 de Decembro comezara o VI Torneo de Frontenis de Categoría Absoluta .
- O Xoves día 29 Decembro celebrarase unha xornada multideportiva para os máis pequenos (6 a 14 anos) no pabillón con xogos coma os bolos, futbolín, ping pong, béisbol, floorball, voleibol, malabares, etc.
- O Martes día 3 de xaneiro dará comezo o IX Torneo de Tenis de Mesa con categorías absoluta e sub 16.
As actividades terán lugar no pabellón municipal polideportivo a partires da 17:00 h.
- Para finalizar o Nadal Deportivo do Concello de Corcubión o Mercores dia 4 e Xoves dia 5 de Xaneiro levarase a cabo o I TORNEO DE FUTBOL SALA en categoría absoluta.
-O prazo de inscripción para este torneo remata o Sabado 31 de Decembro.
Merca no teu Concello

Ademais a Asociación de Empresarios de Corcubión Emprecor artella a campaña de rifas "Merca no teu concello".
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Notas de prensa do Concello de Corcubión.