Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Da importancia de escoitar a historia en primeira persoa: Unha viaxe ao Sáhara Occidental con Santiago Jiménez

Da importancia de escoitar a historia en primeira persoa: Unha viaxe ao Sáhara Occidental con Santiago Jiménez

Ten un valor incalculable a chegada de persoeiros como Santiago Jiménez á nosa bisbarra, da man, unha vez máis do comprometido Colectivo COSAL Costa da Morte. O coordenador do Observatorio Galego para o Sahara Occidentan (OGSO), e membro do Secretariado da Coordenadora Estatal de Asociacións Solidarias co Sáhara, estivo na tarde-noite do pasado xoves 1 de marzo na Terraza do Hórreo de Corcubión, para levar aos máis de 35 asistentes (non había máis cadeiras) por unha viaxe chea de amor, pero tamén de rabia.

Cantas veces temos escoitado a complicada situación en países como Palestina, Kurdistán ou o Sáhara Occidental. Pero a meirande parte das ocasións esas informacións ou chegan sesgadas ou non chegan coa suficiente credibilidade. Pero que cho conten de primeira man é outra cousa. E así o viviron onte os asistentes, que se montaron na avioneta de Santiago para viaxar aos territorios do Sáhara Occidental, e coñecer ás súas familias nos campamentos de refuxiados como se estiveramos aló.

Amor e guerra

O amor e a sensibilidade que transmite Santiago para co pobo saharaoui contraponse coa crúa realidade que prantexa. Un país tomado polo goberno marroquí (e centos de policías de incógnito) baixo o silencio do goberno de España, e das Naciones Unidas. Co referendum nunha especie de limbo que parece que todo o mundo acepta como necesario pero que semella que nunca se vai levar a cabo, a poboación marroquí segue invandido o Sáhara colonia a colonia. O estado axuda a familias con poucos recursos a instalarse en terrotorios "liberados" e re-"ocupados" (liberados por España e re-ocupados por Marrocos no 2010) co compromiso de que manteñan a súa posición pro marroquí.

Ao tempo, calquera signo de reivindicación autodeterminista é radicalmente anulado a modo de amenazas ou directamente encarcelamentos.

Ao remate da charla, Santiago proxectou unha documental. Nel, numerosos nativos saharauis denuncian violacións (a mulleres e homes), represión pública... Unha das cousas máis destacables as sinalou un refuxiado marroquí "nalgún recuncho de Europa": "Marrocos contrala a entrada de emigrantes e de drogas en España e en Europa, e a cambio, a UE e as NU páganlle con silencio".

Charlas palestinas en primeira persoa

E seguindo nesa liña de contar a historia en primeira persoa, en breve o colectivo costeiro COSALretomarán as charlas sobre Palestina que xa realizaron en Corcubión e Carnota. Durante este mes de marzo desenvolveranse en Muxía e Vimianzo, aínda en datas por determinar, pero posiblemente sexan contra o 24 deste mes de marzo.

Novas relacionadas

Comentarios