Venres. 19.04.2024
El tiempo

Denuncian aque a administración electrónica deixa en situación de marxinalidade unha parte da poboación

Alfredo Gonzalez de Sempre Corcubion
Alfredo Gonzalez de Sempre Corcubión
Denuncian aque a administración electrónica deixa en situación de marxinalidade unha parte da poboación
A día de hoxe, as oficinas municipais son das poucas administracións que inda non piden cita previa. Para calquera outro trámite burocrático as novas tecnoloxías son fundamentais. Aí entra a fenda dixital, que está deixando fóra do circuito a milleiros de cidadáns que non están adaptados.

Por iso, dende o grupo de Sempre Corcubión, consideran que “se está deixando en situación de marxinalidade a parte das persoas por non posuír os coñecementos e/ou medios necesarios para levar a cabo a mesma. Faise imperante ofrecer a estas persoas unha solución acorde ás súas necesidades e características.”

Comprenden que “coa chegada do Covid_19, acelerouse a implementación deste sistema cara mermar a afluencia de persoas en espera nos locais e evitar contaxios; sen embargo, non se tivo en conta as diferencias tanto en coñecementos como en acceso á tecnoloxía que existe dentro da sociedade”.

”As reiteradas chamadas telefónicas e as respostas dos fríos e impersoais contestadores deixa fóra de xogo a aqueles grupos de poboación que ou ben por descoñecemento ou ben por non posuír as ferramentas adecuadas (non todo o mundo dispón de internet nin dun certificado dixital, nin sabe que apps son precisas nin como baixalas e usalas) fai tediosas e incluso converte nunha odisea poder solicitar unha simple cita previa. Noutros casos, acuden aos concellos, e se encontran coa paradoxa de que lles solicitan unha conta de correo electrónico cando nin sequera internet teñen”, explican.

Por todo isto, non entende que “lonxe de facilitar e axilizar, a tramitación telemática está provocando unha situación de desamparo, marxinalidade e sentimento de impotencia a un gran grupo de persoas, especialmente entre as persoas maiores e aquelas con menos recursos e coñecementos telemáticos”.

Por todo isto, dende Sempre Corcubión “facemos un chamamento ás administracións públicas para que adopten os mecanismos necesarios cara solventar estas carencias; pois non existe unha sociedade homoxénea en canto a coñecementos nin recursos e a administración pública ten a obriga de estar ao alcance de todxs e non só dunha parte da sociedade”.

Novas sobre a fenda dixital

Comentarios