Martes. 20.08.2019
El tiempo

Denuncian deficiencias na seguridade dos xulgados de Carballo e Corcubión

Denuncian deficiencias na seguridade dos xulgados de Carballo e Corcubión
Xulgados de Corcubion A Federación de Traballadores de Seguridade Privada critica a falta dun plan de seguridade que garanta o correcto control dos accesos aos edificios "Un claro exemplo son as sedes xudiciais de Carballo e Corcubión nas que non se dispón de medios técnicos para control de accesos e presenza de seguridade física non se desenvolve de forma continuada xa que a levan a cabo principalmente Gardas Civís en segunda actividade polo que en ocasións existe a ausencia destes efectivos". Así o sinala Iván Blanco, secretario de organización da Federación de Traballadores de Seguidade Privada da Unión Sindical Obreira (FTSP-USO). Dende o sindicto critican a falta dun plan de seguridade acorde ás garantías necesarias neste tipo de instalacións "sendo primordial un aumento de efectivos de seguridade privada para a correcta prestación do control e filtro dos accesos ás sedes xudiciais", sinalan dende a SJP-USO. A estas defeciencias hai que sumarlle as humidades que volvían este inverno á sede xudicial de Corcubión debido ao "abandono do Ministerio" tal e como o afirmaban dende este mesmo sindicato.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios