Denuncian falta de transparencia no proceso de selección dun técnico de turismo en Corcubión

18:13 22/06/22
Arrincou o verán pero a Oficina de Turismo de Corcubión segue pechada.
Este pasado luns saía no BOP o proceso de contratación por concurso oposición como funcionario interino para cubrir a praza de técnico de turismo para o Concello. “O sorprendente disto é que a oferta apenas contou con 3 días de prazo para que os interesad@s presenten a súa solicitude”, denuncian dende Sempre Corcubión.
Alfredo González denuncia “a falta de transparencia do proceso de selección, que non saíu publicado en Bando, nos medios ou nin sequera na páxina web”, polo que piden que se reinice este procedemento, publicitándoo e dando máis tempo a xente a presentar solicitudes.