Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Deputación e concello invisten 40.000€ na reforma do mercado municipal de Corcubión

Deputación e concello invisten 40.000€ na reforma do mercado municipal de Corcubión
mercado-municipal-corcubion A reforma contempla a restructuración da planta baixa do mercado municipal A Deputación da Coruña e o concello de Corcubión veñen de aprobar un convenio de colaboración no que se establece que ambas institucións investirán 40.000 euros para financiar a reforma do mercado municipal da localide, que data do ano 1950. A institución provincial achegará o 80% do orzamento total das obras (32.000 €), mentres que o 20% restante (8.000 €) financiarase con fondos municipais. Dito convenio de colaboración aprobouse na Comisión de Plans de Cooperación cos Concellos e someteráse á aprobación definitiva da corporación provincial no pleno ordinario do vindeiro venres, 30 de xuño. As obras inclúen a demolición de toda a planta baixa do inmboble, onde se ubican actualmente os postos de venda, na que se habilitará unha nova distribución que optimizará o espazo existente. As paredes do mercado serán repintadas e o pavemento do chan serán substituido por outro novo de baldosas de gres porcelánico. O proxecto contempla tamén a modificación das escaleiras interiores, que dan acceso á zona de almacén, e que serán reubicadas na entrada do edificio co obxecto de darlle carácter independente ás dúas plantas. Mellorarase tamén a impermeabilización da cuberta, na parte superior do edificio, cunha capa de pintura de cor tella a base de caucho butílico, colocarase unha nova tira de viguetas para reforzar a estrutura no seu interior e construirase un falso teito dotado de illamento térmico. Para mellorar o acceso ao mercado, instalarase unha nova porta de vidro automática que contribuirá tamén a evitar a entrada de correntes de aire, contaminación e insectos. Cada un dos postos do mercado disporá de sistema de peche individual mediante portas corredoiras formadas por unha estrutura tubular de aceiro galvanizado e cortes de taboleiro contrachapado. As obras inclúen a realización de novas instalacións de fontanería, saneamento, electricidade, iluminación e telefonía. Rúa San Marcos rua-san-marcos-corcubion rua-san-marcos-corcubion O pleno do venres dará tamén luz verde a un convenio por importe de 80.000 euros para finaciar as obras de saneamento e pavimentación da rúa San Marcos e o seu entorno. Esta actuación axudará a pór en valor o casco histórico-artístico de Corcubión, así como a humanización do espazo mediante a substitución do pavemento de formigón por outro que combinará lastras de granito con lousa, e que se adapta máis ao entorno. As obras inclúen tamén a construción dunha rede de saneamento que dará servizo ás vivendas da zona. Fonte

Comentarios