Martes. 26.01.2021
El tiempo

A deseucaliptización e eucaliptización de Corcubión

Plantación de eucaliptos ao carón da Igrexa da Redonda
Plantación de eucaliptos ao carón da Igrexa da Redonda
A deseucaliptización e eucaliptización de Corcubión

Mentres Corcubión segue a ser un dos concellos máis comprometidos coa deseucaliptización, con exemplos como a xestión da finca municipal do Monte Cambeiro por parte da sociedade civil, no propio termo municipal podemos comprobar tamén o efecto contrario.

Estas pasadas semanas realizouse unha plantación de “colitros” nunha finca particular nun zona de interese paisaxístico e patrimonial como é a contorna da Igrexa da Redonda, un edificio do século XIII que curiosamente nin sequera está catalogado como Ben de Interese Cultural.

Pouco poden facer as administracións para evitar estas actuacións se non hai un protocolo ou unha protección das zonas especialmente vulnerables.

Plantacion de eucalitos a beira dos muros da Igrexa da Redonda
Plantación de eucalitos a beira dos muros da Igrexa da Redonda

Novas relacionadas

comentarios