Dous detidos en Carballo e Corcubión por sendos roubos
Dous roubos rexistráronse durante o día de onte, e ambos remataron con un detido.
Roubo e ameaza con arma branca en Corcubión
Axentes da Garda Civil de Corcubión imputaron onte a un home da zona como suposto autor dun delito de roubo con intimidación. A persoa afectada, presentou denuncia ante a Policía Local de Corcubión manifestando que fora vítima dun roubo mentres era ameazado cunha navalla.
Os feitos foron postos en coñecemento do Xulgado de Instrución de Corcubión.
Roubo en Carballo
Noutra orde, xentes da Garda Civil de Carballo imputaron onte a un home, como suposto autor dun furto nunha xoiería de Carballo. Ao parecer, o home entraría no citado negocio e pediu á dependenta que lle mostrase un cordón de ouro. Cando o tivo na man, saíu do establecemento e fuxiu co botín.
O agora imputado foi identificado pola Garda Civil e o obxecto roubado, valorado nuns 1000 euros, foi recuperado polos axentes e entregado no comercio afectado. Os feitos foron postos en coñecemento do Xulgado de Instrución Dúas de Carballo.
Fonte
- Nota de prensa da Garda Civil.