Eleccións #24M Corcubión: Apretado resultado co PSdG como forza máis votada
00:18 25/05/15
Máis igualados que nunca os resultados das Eleccións 24 de maio. O PSdG, con Lalo Insua como candidato despois de que o actual alcalde Francisco Lema Chisco deixase a carreira política, queda como forza máis votada, pero baixa 150 votos, que provoca a caída de 4 a 3 concelleiros.
3 concelleiros tamén suma o BNG, a apenas 36 votos de distancia, sendo o PP a terceira forza con 2 concelleiros no pleno. A novidade é a entrada de Paco Rojo, á fronte do PACOR, no pleno corcubionés con 101 votos.
Teremos de novo un goberno de minorías, se ben PACOR non poderá ser chave de goberno.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).