![bolsas-de-emprecor]()
A
asociación de empresarios de Corcubión vén de poñer en marcha unha campaña con motivo do Nadal. Así, distribuirá entre os seus asociados unha remesa de bolsas de papel de dous tamaños diferentes nas que figuran os logotipos das empresas asociadas, unha mensaxe "As mellores compras!!! Nas empresas de Emprecor" e a dirección web da asociación.
Con esta campaña tamén se fomenta o respeto ambiental xa que empregan material reutilizable, biodegradable e sostible. Para a posta en marcha desta iniciativa, contaron coa colaboración da Deputación da Coruña.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Emprecor