Venres. 29.03.2024
El tiempo

A comunidade Todas Nós proponse novas metas tras un ano desde a súa creación

Todas nos evento corcubion 2022
A comunidade Todas Nós proponse novas metas tras un ano desde a súa creación

Volveron reunirse as bravas mulleres da comunidade Todas Nós. Volveron facelo en Corcubión para celebrar o primeiro aniversario da súa creación. Aproveitando a semana do Día da Muller, a fundadora Patricia Vaquero, de Nós Igualdade, xuntou unha ducia de mulleres chegadas de todas partes da Costa da Morte para reflexionar sobre o papel da muller na sociedade e, en específico, na nosa bisbarra.

O evento celebrouse no restaurante Cuatro Perras, en Corcubión, xa epicentro das actividades offline do grupo. Un grupo que vai medrando tanto en cantidade (son xa 83 as mulleres que forman parte do directorio de profesionais), como en participación, unha vez que a pandemia vai deixando ocos para formar grupos de traballo e aumentar as xuntanzas presenciais. De feito, durante a reunión traballaron xuntas os obxectivos aos que queren chegar como comunidade e estableceron o próximo día 3 de abril unha nova reunión de traballo onde seguir poñendo as bases nas que se fundamentará e marcar accións a realizar durante o ano.

Así, o que só pretendía ser un director para "visibilizar, poñer en valor o traballo das mulleres da Costa e crear referentes", está xa sendo "unha comunidade de mulleres na que compartir inquietudes, conectar profesionalmente e crear sinerxias", asegura a súa creadora.
O proxecto segue aberto a novas incorporaciones e toda muller emprendedora ou profesional que viva ou naza nalgún concello da Costa dá Morte que queira unirse, pode facelo reenchendo o formulario que atoparán na páxina https://nosigualdade.com/todas-nos.

Todas nos en Corcubion

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios