Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os Encontros de Filosofía para Veraneantes desenvolveranse polas ondas das radios irmandadas da Costa da Morte

Filosofia para veraneantes en Corcubion
Os Encontros de Filosofía para Veraneantes desenvolveranse polas ondas das radios irmandadas da Costa da Morte

Non puido ser en verán, por motivos obvios. Pero a Universidade Cromática de Corcubión non quería deixar este 2020 orfo de pensamento. Máis que nunca, seguramente, fan falta estes Encontros de Filosofía para Veraneantes, estas reflexións en voz alta.

Así que a filosofía non sucumba á pandemia, a Capela do Pilar transformarase no salón de cada casa, xa que os contidos retransmitiranse polas radios irmandadas da Costa da Morte, Radio Roncudo (no blog e no 106.1 FM nas terras de Pondal) e radiONeria (no blog e na 107.8FM nas terras de Fisterra), seguindo o camiño aberto polo propio Miguel Vázquez Freire coa súa serie de cápsulas filosóficas que xa invaden as ondas costeira.

Durante a semana do 21 ao 27 de nadal, ás 17h traerannos a sobremesa a cada casa, curando esa “fenda aberta polo virus como evento vital sobre o que convocar unha vez máis o pensamento filosófico”. O obxectivo será o de sempre:” tomar a filosofía como ferramenta útil para percorrer a vida, coidando que nestes momentos mesmo podería servir tamén como medicina”.

NOVAS RELACIONADAS

Máis novas

Comentarios