Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Escola de Vela Cataventos bota a navegar a XIX edición do programa “O Mar na Escola”

Presentacion de O mar na Escola 2024
O Carrumeiro acolleu a presentación do programa
A Escola de Vela Cataventos bota a navegar a XIX edición do programa “O Mar na Escola”

A Escola de Vela de Cataventos presentou esta mañá a décimo novena edición do programa “O Mar na Escola 2024, Xogando co Vento”. Este ano os protagonistas serán 336 alumn@s de diversos colexios e institutos dos Concellos de Cee, Dumbría, Fisterra, Corcubión, Muxía e Carnota, puidendo achegarse a algo tan propio como o noso mar, pero que non aparece nos libros de texto estatais.

Co patrocinio de Prodemar, Stolt Sea Farm, e a colaboración da Federación Gallega de Vela e a Secretaría Xeral para o Deporte, a iniciativa, desenvolverase ao longo dos meses de marzo, abril, maio e xuño, nunha serie de centros que se adhiren ao programa: CEIP Vila de Cee e CPR Manuela Rial; CEIP Santa Eulalia de Dumbría, CEIP Mr de Fóra, CEIP Areouta, e CPR Nosa Sra. Del Carmen de Fisterra; o CEIP Praia de Quenxe de Corcubión, o CEIP Virxe da Barca, CEIP Villarmide, CEIP Os Muiños e o IES Ramón Caamaño de Muxía; e o CEIP do Pindo e CEIP de Carnota.

O Carrumeiro acolleu a presentacion do Presentacion de O mar na Escola 2024

Un programa consolidado

”O feito de que este programa consiga completar un ano máis é un exemplo de que é unha iniciativa xa consolidada, froito da vontade dalgúns profesores e técnicos deportivos para incluír no currículo de Ciencias Naturais, Ciencias Sociais e Educación Física dun xeito innovador e próximo, co vista situada na contorna máis próxima "O noso mar””, explican os grandes armandanzas destes proxecto, Noemú Bermúdez e Marcos Trillo, de Cataventos.

Así, recibirán os escolares formación teórico-práctica en biodiversidade dos mares e océanos, acuicultura, nocións básicas sobre vento, correntes e mareas, así como teoría de navegación e seguridade no mar. “Trátase de promover un achegamento dos mozos ao mar e ao seu entorno a través da práctica deportiva. Serán capaces de achegarse ao medio no que viven, valorar e coidar os recursos do mar e do arredor da ría, achegándose aos deportes en xeral e á vela lixeira en particular, ademais de aprender as nocións básicas de navegación, sempre nun entorno lúdico e establecendo a mellor relación entre alumno-monitor”.

As sesións prácticas realizaranse nas instalacións do Club Marítimo Carrumeiro e na Marina Muxía; que corresponde por zona aos centros participantes, onde aplicarán os coñecementos adquiridos a través da practicar diversas actividades como vela, kayak, kitesurf e obradoiro de nós de mar.

Concurso de debuxo Stolt Sea Farm

Volve abrirse ademais a edición o “VI Certame de Debuxo” patrocinado por Prodemar Stolt. O tema trata sobre “Acuicultura de rodaballo, beneficios para o noso saúde e para o planeta” e ten como obxectivo dar a coñecer a acuicultura, a súa vantaxes e beneficios do consumo de peixe na dieta dos nenos, a través fomento da creatividade e da participación activa do alumnado. O obxectivo é “sensibilizar sobre a importancia da acuicultura e a súa convivencia coa pesca para a sustentabilidade e a conservación dos ecosistemas naturais, ademais da economía das nosas zonas costeiras”, explican dende Stolt.

O gañador deste concurso terá o privilexio de visitalo, xunto coa súa totalidade clase, unha das instalacións que Stolt Sea Farm ten na Costa da Morte. Ademais, entregarache un lenzo enmarcado do teu debuxo e un kit de Merchandising de agasallos proporcionado pola empresa.

Máis novas

Comentarios