Venres. 11.10.2024
El tiempo

A exposición ‘Entre Lusco e Fusco’ segue percorrendo a comarca

Entre lusco e fusco en Corcubion
A exposición na Oficina de Turismo de Corcubión
A exposición ‘Entre Lusco e Fusco’ segue percorrendo a comarca

Tras pasar por Cee e Fisterra, a exposición fotográfica ‘Entre Lusco e Fusco’ xa se atopa nos concellos de Muxía, Mazaricos e Corcubión, mostrando fotografías do día e a noite no Camiño de Fisterra e Muxía.

Até o proĺximo 17 de outubro, a exposición estará instalada simultáneamente na Praza do Concello de Mazaricos, na Praza Cabo da Vila de Muxía e no Cárcere Vello de Corcubión.

Exposicion entre lusco e fusco en mazaricos
En Mazaricos

Visitas guiadas

Además das exposicións, as actividades do proxecto ‘Entre Lusco e Fusco’ inclúen dúas camiñadas guiadas, cun pequeñou taller de fotografíá cargo da fotógrafo Adolfo Enríquez.

Visita guiada a exposicion entre lusco e fusco en fisterra
Visita guiada a exposición en Fisterra

A primeira ruta celebrouse o pasado venres en Fisterra, con asistencia dun nutrido grupo de visitantes e blogueros especializados en viaxes e turismo. Os participantes cubriron un tramo duns 6 quilómetros dentro da última etapa do Camiño, desde a Praia da Calcoba até o Faro de Fisterra. A actividade contó coa colaboración do Concello de Fisterra, sendo o propio tenente de alcalde do municipio, Xan Carlos Sar, o encargado de guiar a marcha.

A segunda camiñada ‘Entre Lusco e Fusco’ tendrá lugar este venres en Muxía. Nesta ocasión, os participantes poderán descubrir a recién creada ‘Ruta do Percebe da Barca’, un percorrido circular duns 3kg. A ruta estará guiada polo percebeiro Santi Pérez Haz, e a saída será ás 18:30h na Rúa da Marina (Bar O Xardín) e a participación é gratuíta. Os interesados xa poden inscribirse a través do correo electrónico [email protected].

Novas relacionadas

Comentarios