Farándula Velutina leva a súa premiada "Papiroflexia" a Corcubión

13:18 20/08/20
ían estar o pasado sábado no Festival Artenauta, pero por imprevistos de última hora non puido ser. Pero non quere deixar de pasar, a premiada “Farándula Velutina”, por Corcubión, de xeito que a cita se traslada a este sábado 22 de agosto ás 19:30h no Campo do Rollo (na Casa da Cultura se hai mal tempo).
A compañía costeira representará a obra “Papiroflexia”, creada polo tamén premiado Fernando Castro Paredes, mestre do IES Fernando Blanco.
A obra narra tres historias que se mesturan arredor dun banco dun parque, que ten no centro da atención unha figuriña de papel pregado. A papiroflexia abre aos personaxes as portas da nostalxia, o consolo ou mesmo da esperanza.
Novas relacionadas
- O Festival Artenauta, un respiro cultural na Costa da Morte.
- Farándula Velutina suma novos premios para o teatro costeiro.
- O Teatro ceense recibe outro premio.
- A Escola de Teatro de Cee encheu o auditorio para a estrea da súa nova obra.
- Fernando Castro Paredes gaña o II Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual.
- Papiroflexia abre o 1º Ciclo de Teatro Amador Galego AMATEGA .