Xoves. 05.08.2021
El tiempo

Farándula Velutina recolleu en Madrid o seu "Premio Buero de Teatro Joven"

Elisa Lema recibindo o Premio Buero Teatro Joven
Elisa Lema recibindo o Premio Buero Teatro Joven
Farándula Velutina recolleu en Madrid o seu "Premio Buero de Teatro Joven"

Este martes tivo lugar nos Teatros do Canal de Madrid a Gala Nacional da entrega dos " Premios Buero de Teatro Joven". E aí estiveron os membros do grupo Farándula Velutina, que levan un 2021 de cine. O grupo corcubionés recibía a boa nova deste premio estatal da man de Coca Cola o pasado mes de maio, e esta semana puideron distrutar de ir recollelo en man.

Foi Elisa Lema a que recibiu o galardon da man do monologuista, Agustín Jiménez, e ademais de agradecer á creadora do monólogo, Marina Gómez, e ao todo o seu grupo, fixo fincapé na posta en valor e no respecto á lingua galega por parte do xurado.

O premio ademais, deulle a oportunidade de viaxar a Madrid, xunto con todos os premiados, á Semana de Teatro donde tiveron a ocasión de participar en varios talleres teatrais, coñecer a diferentes actores e persoas relacionadas con mundo do espectáculo, e mesmo representar o seu monólogo no Campus onde se celebraron a meirande parte dos actos.

Semana do Teatro Joven nos teatros del Canal de Madrid

NOVAS RELACIONADAS

comentarios