Mércores. 11.12.2019
El tiempo

A Gardería Municipal de Corcubión non mudará de nome

A Gardería Municipal de Corcubión non cambiará de nome
A Gardería Municipal de Corcubión non cambiará de nome
A Gardería Municipal de Corcubión non mudará de nome

A pasada semana tivo lugar un novo pleno municipal en Corcubión. Tratáronse varios puntos, como a aprobación inicial da Modificación das normas subsidiarias urbanísticas. Unha votación á que Sempre Corcubión votou en contra por “non estar suficientemente xustificada” e pola necesidade de aprobar o PXOM antes de realizar calquera movemento. Así e todo, a moción sañiu adiante cos apoios de BNG e PSOE.

Ademais, o BNG presentou unha moción de urxencia, que casa co Día Internacional contra a Violencia de Xénero, para darlle o nome de Mercedes Romero Abella á Gardería Municipal. Unha muller, nada en Cee pero que pasou a infancia en Corcubión que foi torturada e asasinada polo fascismo franquista, e soterrada, coma tantos represaliados e represaliadas, á sombra do muro dunha igrexa nunha fosa común. O seu cadáver era atopado o ano pasado en Aranga.
Consideraban unha boa homenaxe darlle o nome da Gardería para vítimas da violencia de xénero, un feito que ademais serviría para desenterrar esas historias e poder compartilas cos nosos pequenos para que todos recuperásemos a memoria.

Comentarios