Guitarra, Baile e faladoiro en Corcubión
Varias actividades son xa unha realidade en Corcubión. A Asociación Nerio por unha banda con guitarra e baile, e o Concello cun Foro sobre a muller son protagonistas.
Guitarra e Baile coa Asociación Nerio
A Asociación Cultural e Deportiva Nerio amplía desde este mes de marzo a súa oferta de actividades, incorporando ás mesmas clases de guitarra. A actividade está orientada a maiores e nenos a partir dos 6 anos, e está impartida por Elías Outes, integrante do coñecido grupo "Hector Lera e dous calquera".
O horario é os venres, de 19:00h a 20:00h na Casa da Cultura de Corcubión. Os interesados en anotarse ou solicitar máis información poden facelo a través do teléfono 657 354 006.
Ademais a Asociación Nerio continúa ademáis coa matrícula aberta para as súas clases de baile galego, que suman xa máis de 50 bailaríns."
Foro sobre a Muller
Dando continuidade ás actividades de promoción da igualdade levadas a cabo dende o Concello de Corcubión, a Concellería de Muller e Igualdade, organiza para o vindeiro sábado 22, un Foro Aberto “Igualdade, realidade?". Dito foro terá lugar na Capela do Pilar, ás 19:00 horas. As e os poñentes que falarán no mesmo serán: Bárbara G. Vilariño, Eloy Cambeiro, Silvia Labraña e Alba Caamaño.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).