Venres. 29.03.2024
El tiempo

Unha imaxe do abandono do patrimonio cultural de Corcubión

Edificio abandonado en Corcubion
Unha imaxe do abandono do patrimonio cultural de Corcubión

Hai imaxes que simbolizan o abandono do patrimonio da nosa sociedade. Así o expresa esta imaxe dun míico abandonado en plena Avenida da Constitución de Corcubión. Pérdese un patrimonio artísitico á vista de todos e pouco fan, e pouco poden facer as administracións, máis que informar aos propietarios das axudas á rehabilitación.

A casa que recolle o grupo Sempre Corcubión para alertar do “abandono do patrimonio cultural” da vila, está pegada á praza Castelao, en pleno corazón da vila. No seu día o Concello ordenou á propietaria a eliminar os elementos que poderían causar un perigo para a veciñanza, como o tellado. Pero a realidade é que esta hisstórica vivenda segue caendo a cachos en pleno casco vello, un dos poucos da zona catalogados, e polo tanto protexidos, como Conxunto Histórico-Artístico.

Casa Senorial en Corcubio

Trátase dunha casa, realizada por un dos irmáns Carnalda, o notario, para regalarlla ao seu fillo, que casaba. Unha casa señorial a finais do século XIX, e foi unha das primeiras casas que daba fachada á actual Avenida da Constitución. Foi feita con todo luxo e capricho, con amplos corredores cheos con filigranas de madeira, comunicada por dentro, polo patio, coa súa vivenda.

A casa foi mercada nos anos 40 por Segundo Rey. A súa herdanza caeu en parte da familia, de xeito que a actual propietaria vive en Madrid pero veranea e pasa longas temporadas en Corcubión.

En todo caso, a casa segue esfolada, e por iso, Sempre Corcubión fai “un chamamento para que se poña mans a obra en facer un estudo do estado das mesmas, do seu auténtico valor artístico e, no seu caso, se os expertos o estiman convinte, iniciar o proceso para a súa conservación e restauración”.

Novas relacionadas

Comentarios