Investigan un veciño de Coristanco por un posible maltrato animal cun cabalo
As feridas que presentaba unha egua na cabezada, no lugar de San Paio - Coristanco non pasaron desapercibidas para patrulla do Posto Principal da Garda Civil de Carballo, que directamente chamaron á Patrulla do Servizo de Protección da Natureza (PAPRONA) da Garda Civil de Arteixo, para investigar a situación.
Os membros da patrulla do Seprona trasladáronse ao lugar en compañía de un veterinario, para evaluar a situación da egua, certificando este que o animal presenta tres feridas profundas, producidas pola incrustación de bridas e cordas que no seu día se usaron como cabezada, procedendo á extracción das mesmas e á limpeza e coidado das feridas.
A Garda Civil procedeu á investigación do propietario do animal como presunto autor dun delito de maltrato animal, poñéndoo, xunto coas actuacións realizadas, a disposición do Xulgado de Instrucción Garda de Carballo.