Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Lalo Insua: “A relación coa oposición está sendo moi positiva”

Lalo Insua: “A relación coa oposición está sendo moi positiva”
Lalo Insua alcalde de Corcubion Falamos co Lalo Insua alcalde de Corcubión

Parece inviable a día de hoxe, dada a situación económica do Concello de Corcubión, asumir a renovación da Praza Castelao. “A verdade é que hai un proxecto vello e parado, que non creo que poidamos retomar”, recoñece o alcalde Lalo Insua (PSOE), que goberna en minoría, co que falamos das obras máis importantes que se acometen estes meses no Concello, así como a relación cos grupos da oposición.

Solar do Cine Vello

Solar do Cine Vello de Corcubion Solar do Cine Vello

Despois da calificación do solar do cine vello por parte do TSXG como zona de interese público, impedindo así que se constrúa un edificio, toca agora expropiar.

”Estamos traballando para intentar conseguir financiamento para expropiar o solar do cine vello. Ogallá tivésemos cartos para expropiar. Estamos pedindo na Xunta, no Ministerio e na Deputación, pero para expropiacións non hai cartos. Está sendo difícil conseguilos”, recoñece o alcalde.
”En todo caso, parece que as novas xudicias nos acompañan. O TSXG vén de anular o último recurso dos propietarios, que agora só poden acodir ao Tribunal Supremo”.

O edificio da Praza Castelao

Casa a medias en Corcubion

”Parece que os propietarios presentaron un novo proxecto que se adapta ás necesidades de Patrimonio e do Concello. Teñen que baixar unha altura, e quitar algunha ventana da rúa do Mercado. Parece que hai vontade porque tamén se lle esixiu que vallasen o baixo para que non fose un vertedoiro e o fixeron”.

PXOM

Segue o PXOM pendente de cambios. “No seu día non se aprobou por pequenas cousas”, explica Insua, pero entende que “hai que retomalo porque hai que adaptalo á nova Lei do Solo. Os grupos municipais xa teñen unha copia, e en canto nos digan que xa o teñen estudiado, analizamos os cambios que queiran propoñer e os valoramoremos coa empresa que o redacta, para presentalo conxuntamente. Parece que os informes técnicos son positivos”, apunta pero tampouco se atreve a dar prazos.

Saneamento

Segue sendo un dos grandes problemas de Corcubión, pois dende a Praza Castelao todo cara o sur, as pluviais e as fecais seguen mesturándose. “Co Plan de Obras e Servizos da Deputación (o POS) de 2015 estamos acometendo o saneamento, a separación de pluviais e fecais, dos edificios municipais do peirao. Avisamos a Portos para que fagan o mesmo cos seus edificios pero a verdade é que non obtivemos resposta”. Curiosa circunstancia que se pode dar entón no peirao corcubionés con varios edificios conectados á rede de saneamento e outros non…

”Co POS 2016 estamos afrontando o sanemanto da parte sur da Praza Castelao, que aínda ten ramais centenarios que hai que conectar coa rede. Estamos tamén solventando centros problemas do edificio de Correos que anega a Rúa Antonio Porrúa”.

”Ademais, co PAS estamos acometendo a cuberta enteira do Pavillón Municipal”.

Centro de Día

Un dos proxectos que leva paralizado máis tempo é o do Centro de Día. Coa obra xa practicamente realizada, falta o mobiliario e que o Consorcio se faga cargo da xestión, pois un concello tan pequeno como Corcubión nunca vai poder asumir o coste que conleva. “Pero estou a que me concedan unha entrevista co Consorcio, que xa a pedín hai tempo”. “Falar de prazos é imposible”, recoñece Insua, mentres 20 familias esperan a que as administracións se poñan dacordo para poder enviar aos seus maiores.

Relación coa oposición

A nota agradable pona o alcalde cando fala da oposición. Parece que a relación co BNG mellora. “Nos últimos 3 anos, e tamén dende que cambiaron de lista, está sendo unha relación moi positiva. Están traballando responsablemente e entendémonos moito mellor que con outros grupos do pleno”, recoñece.

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios