O Mercado Medieval mantén o pulso
Saltaban as alarmas na xornada de onte en Corcubión ante o anuncio de dimisión do presidente da Asociación Organizadora Mercado Medieval Costa da Morte. Pero tratouse un asunto persoal do presidente, Jose Ramón Piñeiro, que leva tempo vivindo fóra da vila e necesitaba dar un paso a un lado.
Pero nin o Mercado corre perigo, nin a intención da actual Asociación é deixalo. De feito, fan fincapé na necesidade de separalo de calquera vinculación política e esperan que volva ser a festa de toda a veciñanza que chegou a ser no seu momento. Moitos, como Aquiles Garea, xa participaban cando Dro, alcalde a partir do 17 de xuño, era concelleiro de Festas, e esperan que a relación siga a ser boa e mesmo mellore. “É unha festa de todo o pueblo, non é unha festa política”, inciden.
A día de hoxe, despois dos 10 anos da primeira comisión, a actual xa leva outra década á fronte da festa máis famosa da vila de San Marcos.
A programación xa está en marcha, intentando potenciar o Desembarco, e asegurando que a festa continúe, que “iso é o máis importante”.
Máis info
CRÓNICAS DOS MERCADOS
- 2022: O Mercado Medieval de Corcubión cumpliu 20 anos para cambiar de ciclo.
- 2019: O Mercado medieval de Corcubión en imaxes.
- 2019: Corcubión e o seu pobo, por riba das modas medievais.
- 2018: Corcubión volve ao medievo con máis forza ca nunca.
- 2013: O Mercado Medieval de Corcubión mantén o seu tirón.
- 2012: O Mercado Medieval de Corcubión non perde tirón.