Luns. 18.01.2021
El tiempo

Un mes de Trail en Corcubión

Un mes de Trail en Corcubión

Interesante iniciativa que artella o Concello de Corcubión. Unha carreira para facer de xeito individual, pero con todas as condicións dun Trail perfectamente organizado.

Así, ata o 18 de xaneiro xa está en marcha o I Trail Correndo polo monte. Cada participante dispón dun total de 30 días para poder realizala proba, escollendo tamén o horario que desexe.


Son 8 km de, maioritariamente pistas de terra (pode haber zonas de barro tralas choivas destes días) e a dificultade da proba será media.

Días antes de competir deberase realizala inscrición no indicando: Nome, apelidos e télefono a [email protected]

Podes descargar o track, ou ver o QR na saída, que será no aparcadoiro do Restaurante As Hortensias, na praia de Quenxe. 





Non haberá entrega de dorsais como é habitual. Cada corredor deberá levar o seu reloxo GPS ou télefono móbil, que rexistre a actividade realizada. Despois deberá compartila por correo electrónico á dirección [email protected] co fin de comprobar que fixo o recorrido correctamente, e que non fixo pausas de tempo durante o recorrido.
Haberá trofeo para o mellor tempo, tanto feminino coma masculino e un agasallo por parte de Toxogel. Tamén sortearase 2 vales por 50 euros cada un en material deportivo entre todo-los participantes

comentarios