Mércores. 06.11.2024
El tiempo

O mirador Benigno Lago queda sen a sombra do ciprés

Cipres cortado de Corcubion
O ciprés do mirador de Corcubión antes e despois da poda
O mirador Benigno Lago queda sen a sombra do ciprés

Así apareceu esta semana o mítico ciprés do Mirador Benigno Lago de Corcubión. O goberno municipal, ante o temor de que puidera producirse unha traxedia ao desprenderse parte da árbore, deicidiu realizar a súa poda, demasiado “drástica” segundo denuncia o grupo Sempre Corcubión.

Ante esta situación, o concelleiro Alfredo González solicita os estudos fitopatolóxicos realizados nos dous últimos mandatos do concello cara coñecer o estado das especies arbóreas dos parques e outras zonas públicas do concello de Corcubión. Considérao necesario para “realizar o seu correcto mantemento, conservación e tratamento, se fose necesario, con tres finalidades últimas: perservar as sombras naturais, a de evitarse sustos como o acaecido no verán cando se desprendeu unha póla, e a de elaborar un plan de reposición con árbores autóctonas coa antelación suficiente”.

Comentarios