Martes. 05.11.2024
El tiempo

Música e maxia na capela do Pilar

Música e maxia na capela do Pilar
O Ghaio encheu de música, e maixa, a Capela do Pilar de Corcubión

Disfrutou da música a Capela do Pilar de Corcubión, o novo punto de encontro da cultura local xestionado pola mocidade da Universidade Cromática das Virtudes. Foron as "penas do verde ghaio" as que encheron de boa música a capela.

Xa levaban anos tocando xuntos pero este ano puxéronlle nome á banda: O´Ghaio. Aí estiveron os Xabier Agra, Antón Guillén, Soraya González, Roberto Rama, Gom Goas e Diana Lourido... traendo cos seus violíns, arpas, clarinetes... músicas chegadas de todo o mundo, dende Irlanda, dos Balcáns, música Bretona... e como non, Galega...

E para darlle o toque tradicional, subiron ao altar dous corcubioneses máis, os dous irmáns de Diana Lourido, Rocío e Hassan, que forman unha desas familias corcubionesas que nacen coa música no sangue.

Foi unha noite máxica, recoñecían tanto os artistas como o público que enchía a capela.

O Ghaio na Capela do Pilar de Corcubio-Foto- Alex Corcu

Máis información festeira

Fonte

Comentarios