Venres. 29.03.2024
El tiempo

Noite de Nadal na radiONeria con toda a familia de Manolín

Noite de Nadal na radiONeria con toda a familia de Manolín
Este mércores 23 de decembro, toca sesión especial de Nadal na radiONeria e Radio Roncudo. O Programa Realidade e Soños emite o seu especial de Nadal. E para iso, Manolín trae a toda a familia. O programa conta coa participación de Saulo Fdez., a filla de Manolín Amparo Oliveira e o seu máxico neto Abraham Trillo. O especial de Nadal chega cos poetas Juan Mena, Celso Emilio Ferreiro, Eduardo Pondal, Gonzalo López Abente, Celia Rivas, Xoán Xosé Fdez. Abella, Manuel Curros Henríquez e Rubén Darío, acompañados da inconfundible voz de Pablo Milanés. A cita, xa saben, como cada mércores ás 23:00h e o venres ás 14:30h na ondas do 107.8FM na comarca de Fisterra e Carnota, e no 106.1 nas Terras de Bergantiños. E tamén a través do blog da radiONeria e do Facebook.

O Fantasma de Enrique Morente

Ademais, este mércores chega moi intenso, xa que a partir das 21:00h José Lemur tráenos un especial de Enrique Morente no seu programa O Fantasma Accidental. Nel podemos escoitar toda a aposta vangardista que fixo de Morente un verdadeiro revolucionario no mundo do flamenco.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios