Luns. 06.05.2024
El tiempo

Nova cita co teatro afeccionado en Corcubión

Teatro Afeccionado Vals Corcubion
Nova cita co teatro afeccionado en Corcubión

Continúa o programa do Circuito de Teatro Amador de FEGATEA que esta tendo lugar nos meses de Outubro e Novembro no Concello de Corcubión grazas á proposta do Grupo de teatro local Farándula Velutina. Este sábado 11 de novembro, ás 20:00h, ata a Casa da Cultura a peza “Un vals para Cincinatti”.
A obra, recoñecida polo xurado do premio Buero Vallejo de Teatro Joven, é unha peza escrita polo director Pedro Rodríguez que conta a historia de Ana, unha muller nova que leva pechada na súa habitación desde que Jack marchou á guerra fai 1 ano e 27 días. Con el marcharon os soños de fuxir a Cincinatti e casar o día de Carnaval. Farta da espera Ana decide suicidarse xusto o día que volve Jack.
A obra é para público adulto e xuvenil e é unha peza de Teatro Ar, un grupo con sede en Nigrán e formado por doce integrantes, a gran maioría xente nova (menores de 26 anos). O dramaturgo das obras é o director, Pedro Rodríguez. Dende que se creou o grupo levan traballado todos os xéneros teatrais, pero non se quedan só nos escenarios. Dende fai 3 anos fan tamén teatro social con maiores e persoas con diversidade en residencias para levar esta arte a todo o mundo.

Comentarios