Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A nova programación da radiONeria volveu zarpar con Toño Casais de patrón

  • Este luns 22, ás 20:00h, na Casa da Cultural, debate electoral aberto ao público.
Presentacion programacion radioneria 2023
Xentes de Boca de Sapo con Toño Casais no comezo
A nova programación da radiONeria volveu zarpar con Toño Casais de patrón

Este pasado 17 de maio, inmellorable data para presentar a nova programación da radiONeria. Cobra nova vida a emisora municipal de Corcubión gracias á Rede de Emisoras Municipais, que permite levar a cabo a contratación dunha persoa durante varios meses. Quen mellor que Toño Casais, canteira da emisora dende os 14 anos, que volve a tomar os mandos técnicos con máis ilusión que nunca.

Unha ilusión que traslada a todo o mundo, como comprobamos na cantidade de xente que está a liar para participar, como o comprobamos na nova programación que presentou onte na Capela do Pilar. Xentes de Boca de Sapo, da Biblioteca, estudantes, colaboradores anónimos, ex membros da casa, xentes do mar… acodiron para ver esta nova singradura da emisora da vila de San Marcos.

Durante o acto, lembráronse de Iván Pereira e Óscar Rey Calo, voluntarios que levan mantendo viva a emisora durante a última década.

Debate electoral

Este luns 22 de maio, ás 20:00h, a Casa da Cultura de Corcubión acollerá un debate electoral con todos os candidatos. Un evento aberto ao público.

Programación

Dende hoxe mesmo, xoves 18 de maio, a emisora xa arrinca con programación propia todos os días de 11.00 a 12.00, con programas que se repiten de 21:00 a 22:00.

Hoxe comeza con “chegar a bo porto”, con Luís Corral da Plataforma Portos Si, Mortos non, e “Realidade e soños” co eterno Manolín.

Tendes toda a info e podedes escoitar a radio en directo en radioneria.blogspot.com e tamén os teredes en ivoox.

A programación de Radio Neria vai ser de Luns a Venres, de 11:00 a 12:00 e repetirase esa programación de 21:00 a 22:00

LUNS:
- 11:00 Coidando a Saúde
- 11:30 Que les, Corcubión?

MARTES:
-11:00 Disque
-11:30 O Curruncho do estudante.

MÉRCORES
-11:00 Cerna
-11:30 Faros.

XOVES
-11:00 Chegar a bo porto
-11:30 Realidade e Soños.

VENRES
-11:00 Axenda deportiva
-11:30 O moucho e os mitos.

SÁBADO
-11:00 Falar sen cancelas.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios