Novos cursos e exposicións na vila de San Marcos
08:30 04/04/12
A vila de Corcubión prerárase para a Semana Santa. E o fai en clave de exposición, como a fotográfica titulada "RETROSPECTIVA" de diversos autores do "Foto club Sálvora". Unha exposición que permanecerá aberta do 03 e o 29 de abril en horario de mañá e tarde de luns a venres, e de mañá os sábados na Casa da Cultura de Corcubión.
Curso para empresarios
Pero a nova máis destacada é a organización por parte da Asociación de Empresarios de Corcubión, Emprecor, dun "Curso de Paquetería e Envoltorios". O curso será o 20 de abril, de 17:00h a 21:00h e sábado 21 pola mañá. Hai 15 prazas e poden inscribirse ata o 15 de abril nos teléfonos 649 376 462 - 647 801 678 - 981 746465.
Novas relacionadas
- Unha alternativa para o lecer dos cativos de Corcubión en Semana Santa.
- Os Testigos toman a Costa da Morte.
- Leo Bassi en Corcubión por Palestina.
- Os empresarios de Corcubión xa están na rede.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Corcubión e da Emprecor.