Mércores. 15.05.2024
El tiempo

Rematada a rede de saneamento do sur de Corcubión

Rematada a rede de saneamento do sur de Corcubión
Segundo a comunicación do ente Augas de Galicia, da Xunta de Galicia, ao Concello de Corcubión, e despois de que este resolvera todos os documentos que lle foron requeridos ao longo de máis dun ano, foi dado por concluido o proxecto "Rede de saneamento en Corcubión Fase II". Un proxecto elaborado e costeado polo propio Concello a través da inversión de 919.800,56 € para o saneamento na zona sur do casco histórico da nosa vila. O goberno municipal amósase "moi satisfeito porque con esforzo sacouse a diante un proxecto que noutros casos o costea Augas de Galicia, pero que neste caso o fixo o Concello para que se axilizara o gran problema de Corcubión". Este concello conta con colectores xerais a EDAR pero moitas vivendas do casco histórico aínda verten as súas augas sucias aos vellos canais de pedra que levan ao mar. No ano 2009-2010 se executou a 1ª fase na zona norte do casco histórico. Así mesmo con esta obra se transforma o pavimento do casco histórico por granito nas rúas Isabel II, Pepe Miñones, San Marcos, a Plazoleta, e todas as rúas que chegan ata o Campo do Rollo.

Pasos a seguir

O seguinte paso, segundo informaba a Deputación será a conexión do saneamento de Vilar a Quenxe. Especial fincapé terán que facer na zona de Quenxe, onde a día de hoxe aínda seguen vertendo as casas da Agra da Ribeira a caño libre. Ademais quedará pendente un completo repaso ao saneamento da ría. Agora só falta a súa aprobación en pleno, exposición pública do proxecto durante 20 días e o envio da documentación administrativa para a súa aprobación no Consello da Xunta. Deste xeito "o concello avanza a unha valorización dos espacios públicos, que debería rematar coa humanización da praza de Castelao e adecentamento da mesma en toda a súa amplitude, conservando os valores patrimoniais". Así mesmo o 80% ou 90% das vivendas quedaría conectadas dentro da rede de saneamento nova, con separación de pluviais, para que chegue ata a EDAR e non ao mar.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PSOE de Corcubión.

Comentarios