Sábado. 23.02.2019
El tiempo

O BNG de Corcubión denuncia que a praza do conserxe quere darse a dedo polo grupo de goberno

O BNG de Corcubión denuncia que a praza do conserxe quere darse a dedo polo grupo de goberno
Lalo Insua e Xose Ansede do PSOE e BNG de Corcubion Xosé Ansede, á dereita, denuncia ao alcalde Lalo Insua de querer dar a praza de conserxe a dedo

Acusación grave do portavoz municipal do BNG de Corcubión, Xosé Ansede, ao grupo de goberno e nomeadamente ao alcalde socialista Lalo Insua. Ansede considera que “a recente convocatoria da plaza de conserxe non se axusta á legalidade, e conta varios vicios, que axudan a pensar a que o Alcalde do PSOE fixo as bases a medida para dar a praza a dedo”.

Para o BNG corcubionés “a modalidade do contrato que está a utilizar de obra ou servizo de duración determinada é fraudulenta, dado que o posto de traballo vacante é de carácter permanente, e nesta lexislatura o Alcalde xa perdeu unha sentenza, por facer o mesmo. De seguir adiante, poderíamonos atopar ante uns feitos constitutivos dun posible delito de prevaricación e tráfico de influencias”, sinala.

Lamentan ademais que o prazo de inscrición fixouse con “7 días naturais”, no marco ademais desta longa ponte. “Si o Alcalde quere volver a enchufar pola porta de atrás a algún amigo, entón que non faga perder o tempo aos veciños e veciñas de Corcubión que queren presentarse, que poña directamente o nomes e apelido do aspirante”, denuncia.

Comentarios