![limpando-o-gasoil-das-augas-de-quenxe]()
O pasado mércores varias lanchas limpaban o fuel na ría de Corcubión
O BNG vén de presentar varias preguntas no Parlamento galego en relación á
vertedura de fuel na ría de Corcubión da pasada fin de semana. Os nacionalistas preguntanlle á Consellería de Medio Ambiente cal foi o alcance dos danos sobre o medio ambiente da ría, as medidas que se activaron para facer fronte ao vertido e se ten localizado a procedencia do mesmo e que medidas vai emprender.
Á Consellería de Pesca preguntalle sobre como afectou o vertido na actividade marisqueira da zona de explotación comprendida no Plan PE403A 2015/60-1 de navalla e longueirón e ao seu recurso, e ao Plan PE403A 201/65-1 de moluscos bivalvos e gasterópodos.
Pola súa banda, a Consellería de Educación debe confirmar a orixe do vertido que ao parecer pode proceder das instalacións e/ou depósitos do CEIP Praia de Quenxe e que previsións ten para que se subsanen estes vertidos.
Do mesmo xeito, o BNG manifesta que a situación da ría de Corcubión precisa dunha
intervención integral de saneamento e depuración das verteduras, aspecto que novamente reivindica á Xunta de Galicia para que nos Orzamentos do ano 2017 serecolla unha actuación decidida neste sentido, tratándose dunha demanda histórica.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- BNG