Mércores. 27.10.2021
El tiempo

O concelleiro corcubionés Jose Antonio Louro Pais chega ao Comité Nacional do PSdG

O concelleiro corcubionés Jose Antonio Louro Pais chega ao Comité Nacional do PSdG

O Comité Nacional do PSdG-PSOE contará en breve cun novo membro da Costa da Morte. O Concelleiro de Cultura de Corcubión, recén entrado no mundo da política pero con ascendencia de peso, José Antonio Louro Pais, máis coñecido na vila como Ote, pasará en breve a formar parte deste órgano socialista, que vén a ser, por facer un símil, como o pleno dun concello. Louro Pais acompañará a vimiancesa Nieves Lema, Coordinadora Comarcal no propio Comité Nacional.

Sen dúbida é unha boa nova para a bisbarra, que cantos máis peso vaia adquirindo nos órganos de poder dos partidos, de seguro que verá reflectiva a atención das administracións.

En todo caso, a presencia da Costa da Morte nos órganos do PSdG-PSOE son máis. Por exemplo, e empezando por arriba, a camariñá Marisol Soneira forma parte do Comité Executivo Federal, que se celebra en Madrid da man do propio Rubalcaba. Así mesmo, o ceense Fran Caamaño está na Comisión Executiva Nacional órgano de dirección en relación directa co Director Xeral do partido, que ademais conta coa presencia do dumbriés José Manuel Pequeño como vocal, completando así o repoker de costeiros nos órganos de poder do PSdG.

De feito aquí vos traemos todos os membros da Executiva Nacional:

Novas relacionadas

Fonte

comentarios