Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Concello de Corcubión loita contra os excrementos dos animais de compañía

O Concello de Corcubión loita contra os excrementos dos animais de compañía

Longa pelexa a dos veciños de Corcubión cos excrementos dos animais de compañía. As rifas e acusacións entre veciños son continuas dende fai tempo, e quen máis quen menos, xa ten levado a culpa dun regalo do animal doutra persoa. I é que o que ten que quedar claro é que non son os animais os culpables de que as rúas parezan campos de minas, se non que son os seus donos os responsables de evitar esas bombas de reloxería.

A partir de agora xa non haberá excusas. O Concello de Corcubión abre unha campaña municipal de cara aos meses calurosos e para o resto do ano sobre os animais de compañía. E o fai en aras de mellorar a convivencia da veciñanza e os animais de compañía.

Así acaba de editar uns dipticos nos que se recollen as normas básicas que rixen a tenencia de animais de compañía, o seu cuidado e a saida a rúa. Así mesmo reflíctese a normativa básica que o contempla.

Con esta campaña o concello intenta levar a cabo a concienciación do poseedores deste animais para que cada vez máis sexa aceptados e con mellor agrado por aqueles outros que non os teñen ou incluso que non lles gustan. A campaña consiste en facer chegar a todas e todos os veciños o díptico coas normas máis básicas e elementais e o reparto para os actuais poseedores de bolsitas para a recollida de excrementos.
De feito poden pasar polo Concello a recoller un paquete de bolsa plásticas de mostra para a recollida de excrementos. Dentódolos xeitos, os papeis de propaganda dos supermercados ou periódicos vellos son perfectos para recoller os excrementos sen necesidade de empregar tanto plástico.

Como prevención este ano se fara unha desinsectación das rúas onde pululan máis gatos.

Esta campaña desenvolverase tanto a nivel directa coa ciudadanía como a través da colaboración do colexio Praia de Quenxe e o Centro Sociocomunitario da vila.

Obriga de censar e poñer chip

Así mesmo lémbrase a obriga de censar os animais no concello, a súa identificación oficial, a recollida dos excrementos que queden na vía pública e o non deixarlle comida na rúa.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Corcubión.

Comentarios