Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Concello de Corcubión xa emprega máis da metade do orzamento en Gasto de persoal

O Concello de Corcubión xa emprega máis da metade do orzamento en Gasto de persoal
Concello de Corcubión

Saía onte publicado no BOP o orzamento de Corcubión para 2015. Un orzamento que ascende a 1,2 millóns de euros, mantendo a cifra do ano pasado pero sendo un 30% inferior ao de 2012. Naquel o 2012 o Concello corcubionés, segundo as táboas de artelladas polo noso especialista en Economía Municipal, Domingo Guerra, empregaba un 39% en gasto de persoal, pero os datos de 2015 sinalan que neste curso o Concello empregará o 55% do orzamento en pagar as nómimas dos 4 funcionarios e 23 contratados laborais.

Un dato, o do 55% de gasto en persoal sobre o orzamento total, que sobrepasa en 20 puntos a media costeira e en 23 a media galega.

A problemática é que este tipo de gasto é moi ríxido. A redución do orzamento desde 2012 é brutal (475.533,60 euros), pero o Concello non pode recortar en persoal, porque non se pode despedir xente sen máis, nin baixarlle o soldo se non o determina a lei. En todo caso, o Concello ten 1 funcionario e 1 persoal laboral menos que o ano pasado.

En todo caso tendo en conta que no orzamento deste ano consignaron 689.769,76 euros en gastos de persoal e son 27 traballadores, a media é de 25.547,02 euros para salarios (retribucións básicas e complementarias), así como para o pago das cotas sociais a cargo da corporación. En realidade, non sae unha media excesivamente elevada.
Ademais, respecto a 2012, onde estes gastos totalizaban 666.781,26 euros, prodúcese un incremento de tan só 22.988,50 euros.

Cifras que sinalan que non hai unha burbulla no asunto, pero sorprende esa porcentaxe así como o número de traballadores para un Concello de ta só 1.700 habitantes. Así, queda pouco orzamento para financiar obras…

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios